Saltar ao contido principal
Xornal  »  Centros de Vigo, Cabana de Bergantiños e Mugardos gañan o IV concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

Centros de Vigo, Cabana de Bergantiños e Mugardos gañan o IV concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

Actualizada: 20-06-2016 13:49
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Foto de grupo dos equipos gañadores do IV concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ (Foto: SERVIMAV-USC)

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa entregou este luns na Facultade de Matemáticas os premios do VI concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’. Esta sexta edición gañárona o IES de Beade (Vigo), o CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños) e o IES de Mugardos. Estes tres traballos premiados serán os que representen a Galicia na VI Fase Nacional do certame.

O xurado recoñeceu como gañador na categoría de 1º e 2º da ESO o proxecto do IES de Beade ‘ ¿Aliméntaste ben?’, dos estudantes Noa Comesaña González, Emilia Antao, Ainhoa Torres Blanco e Gabriela Cáceres Rocha titorizados por Esther Pérez Fernández.

Na categoría de 3º e 4º da ESO gañou o proxecto ‘Cremos todo o que vemos nos medios?’ dos estudantes do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños Natalia Fariña Mata e Marcos Blanco Mouzo, titorizados por Milagros Diéguez Taboada.

Por último, na categoría de bacharelato e ciclos formativos, o IES de Mugardos resultou gañador co proxecto ‘¿Mens Sana in Corpore Sano?’ dos estudantes Inés Díaz Rodríguez, Sara Vázquez Rumbo, Cintia Pérez Cordero e Marta Pérez Rey, con Covadonga Rodríguez-Moldes Rey como titora.

Mencións especiais
O xurado quixo recoñecer tamén con mencións especiais outros traballos presentados. Así, en 1º e 2º da ESO destaca como mención ‘As chuches: traballo estatístico’ dos estudantes do IES Espiñeira de Boiro Nuria Blanco Vázquez, Alba Miranda Rial e Sara Silva Castro, titorizados por Susana Hermo Figueira.

Entre os de 3º e 4º da ESO entregouse a mención a ‘Barómetro 16: é sexista a nosa sociedade?’ dos estudantes Ana Fernández Gómez, Claudia Álvarez Souto, Irene Martínez Martínez e Hugo Pais Lemos, do colexio Compañía de María de Cangas, titorizados por Manuel Pais Costas.

Xa na última categoría concedeuse mención especial ao traballo ‘OrganDonation’ dos estudantes do Colexio Apostol Santiago de Vigo Iago Lázaro Saiz, Ángel Pereira Vispo e Andrea Tesouro Fernández. Isabel Hernández Dorado foi a titora.

O xurado
O xurado desta sexta edición estivo presidido polo vicepresidente da SGAPEIO, Tomás Cotos Yáñez, sendo secretaria Mª Jesús Casado Barrio, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos. Como vogais actuaron Isabel Del Río Viqueira, do Instituto Galego de Estatística; Dolores Pilar García Agra, do IES nº 1 de Ordes; e Mercedes Conde Amboage, bolseira da Fundación Barrié.

Na organización do concurso colaboran a Facultade de Matemáticas da USC, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Galego de Estatística e a Fundación Barrié.