Saltar ao contido principal
Xornal  »  Profesores da USC publican en galego a guía breve para a nomenclatura de Química Orgánica da IUPAC

Profesores da USC publican en galego a guía breve para a nomenclatura de Química Orgánica da IUPAC

Actualizada: 30-06-2016 12:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os profesores do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Química da USC Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo veñen de publicar a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Inorgánica . Trátase da versión galega das normas oficiais da IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry), un documento que proporciona un esquema das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos,  de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

A guía, de grande utilidade como material didáctico tanto en ensinanza secundaria e bacharelato como na universidade, pódese descargar de balde dende o enlace da Real Sociedad Española de Química, organismo responsable da revisión e aprobación desta versión galega.