Saltar ao contido principal
Xornal  »  Primeiro concerto do ciclo da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello

Primeiro concerto do ciclo da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello

Será este sábado 17 ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade

Actualizada: 16-09-2016 10:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O alumnado e profesorado do primeiro curso de verán da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello que tivo lugar en xullo en Ferrol ofrecerán un pequeno ciclo de concertos este mes en Compostela, todos con entrada libre.

O primeiro deles será este sábado 17 ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) cun repertorio de pezas de Bach, Boccherini, Domenico Gabrielli, Max Bruch e Vivaldi. O recital rematará cun conxunto de violoncellos que interpretará as obras Moon River de Henry Mancini; Michelle de Paul McCartney; e Sweet Child o’mine, de Axl Rose.

Neste concerto participarán Francisco Iglesias, Francisco Javier González, Inés Portela,  Francisco Iglesias, Marta Formoso, Laura Viana, Yahaira Pena, Yara González, Ana García Novo, Sara García Novo, Isabel Figueroa, Saúl Nogareda, Thomas Piel e Carolina Landriscini.

O ciclo continuará o venres 23 cun concerto sobre violoncello barroco dos profesores Fernando Salgado e Isabel Figueroa e rematará o día 30 co século XX como eixo e no que actuarán os violoncellistas Carolina Landriscini e Thomas Piel acompañados ao piano por Javier Vila.