Saltar ao contido principal
Xornal

Ciclo de conferencias en Historia sobre arqueoloxía e arqueobotánica

Actualizada: 13-02-2017 11:10
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC (GEPN-AAT) continúa ata o mes de abril co seu ciclo de conferencias Arch-Bot en arqueoloxía e arqueobotánica que coordina María Martín Seijo e no que participan especialistas internacionais de recoñecido prestixio. Todas as intervencións serán na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia ás 17.00 horas.

En febreiro será João P. Tereso, da Universidade de Porto, quen fale sobre os recursos biolóxicos e as grandes dinámicas ambientais e humanas dos últimos 10.000 anos a partir dos datos existentes do nordeste de Portugal. A charla será o día 23.

O ciclo continuará en marzo coas conferencias de Olalla López-Costas ‘¿Qué poden achegar os esqueletos (humanos) á arqueobotánica?’, de Noemí Silva Sánchez ‘Palinoloxía, paleoambiente e arqueloxía ambiental’ e de Marta Domínguez-Delmás ‘Datación dendrocronolóxica de pecios na Península Ibérica: estado da cuestión’.

 

Xa en abril intervirán Cliodhna Ní Lionáin, da University College Dublin,co relatorio ‘ Explorando 6.000 anos da agricultura nunha paisaxe do Patrimonio Mundial (Brúna Bóinne, Irlanda): unha asociación entre os sectores público e privado para o fomento da investigación arqueolóxica e agrícola e a promoción do desenvolvemento económico rural’, e María Martín-Seijo, que falará dos obxectos arqueolóxicos confeccionados en madeira de época medieval e moderna do noroeste peninsular.