Saltar ao contido principal
Xornal

As compañías Palimoco e Lucecús abren as ‘performances’ en escaparates no marco do XXIII Festival de Teatro Universitario

Teatro do Miolo, Yazabro, Palimoquiños e Espazo 10 Teatro guiarán ata o martes intervencións en diversos establecementos e espazos urbáns da capital luguesa

Actualizada: 16-03-2017 13:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Intervención de Anxo Lamelo, de Lucecús Teatro, nun escaparate

Os actores Carlos Díaz, en representación da compañía Palimoco Teatro, e Anxo Lamelo, de Lucecús Teatro, abriron a quenda de ‘performances’ programadas en diversos escaparates de establecementos comerciais da cidade a xeito de actividades previas complementarias do XXIII Festival de Teatro Universitario de Lugo, un certame de carácter universitario, aínda que aberto a todo o público que presentará na capital luguesa do 21 ao 27 de marzo as creacións artísticas de sete compañías teatrais.

 

As intervencións en escaparates organizadas como previa deste certame e que a través das que a USC pretende poñer en valor o traballo das compañías profesionais de teatro existentes na cidade de Lugo, continuarán con esta quenda de representacións en espazos comerciais e urbanos ata o martes 21 de marzo.

 

Teatro do Miolo actuará este venres, en quenda de tarde, en Duendecillos, mentres que os actores de Polimoquiños e Espazo 10 Teatro farán a súa intervención o sábado no fondo da Praza Maior de Lugo. A formación Yazabro pechará o martes 21 esta serie de intevencións teatrais con dúas actuacións matinais na Librería Biblos e na Librería Trama. Pódese obter máis información desta programación en www.lugocultural.es.

 

Outras imaxes


Carlos Díaz, na súa intervención en 'Biblos', e público observando a súa actuación