Saltar ao contido principal
Xornal  »  Seminario científico sobre novas técnicas de xenotipado, CRISPR, citometría e microscopía na Facultade de Veterinaria

Seminario científico sobre novas técnicas de xenotipado, CRISPR, citometría e microscopía na Facultade de Veterinaria

Actualizada: 20-03-2017 14:09
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Participantes no seminario científico sobre técnicas de xenotipado en Veterinaria

A Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC albergou un seminario científico sobre novas técnicas de xenotipado e análise de microbioma, edición xenética a gran escala (CRISPR), citometría de fluxo e microscopía de última xeración.

 

Esta actividade, promovida desde a Plataforma de Secuenciación Xenómica Funcional do Campus Terra da USC, coordinada polo catedrático da USC Paulino Martínez, e organizada por Life Technologies, congregou na sede universitaria luguesa a varios especialistas internacionais en cada unha das áreas, tales como é o caso de Joao Caldeira, Elena Aller, Peter Jacobs, Livio Loffarelli ou, entre outros, Juanma Cárdenas.

 

A organización deste tipo de seminarios científicos permite achegar os novos avances tecnolóxicos dispoñibles en cada un dos campos presentados á comunidade científica, segundo sinalan o coordinador da Plataforma de Secuenciación Xenómica Funcional do Campus Terra da USC, Paulino Martínez, e a responsable da mesma, Belén Gómez. Estes consideran asemade que os avances presentados no marco desta sesión teñen unha importante aplicación agrixenómica, o que resulta de especial interese na contorna da sede universitaria luguesa, onde se atopa a sede desta plataforma científica.