Saltar ao contido principal
Xornal  »  Este xoves preséntase na USC o concurso de emprendemento ENFOCA-2

Este xoves preséntase na USC o concurso de emprendemento ENFOCA-2

Actualizada: 20-03-2017 14:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O CiTIUS da USC acolle este xoves 23 ás 17.00 horas a presentación de ENFOCA-2, un concurso que trata de identificar, formar e investir en proxectos de emprendedores talentosos amparados por un formato de comunicación de reality de negocios. O acto retransmitirase por streaming a esa mesma hora na sala de Xuntas da Facultade de ADE.

A xornada correrá a cargo do socio fundador de GBG ADVISORS, empresa promotora de ENFOCA-2, Gabriel Bellomusto, e do co fundador e presidente Executivo de Blusens Corporation, José Ramón García. Nese acto, quen desexe participar no concurso poderá facer unha presentación do seu proxecto así como outras dinámicas.

Os protagonistas principais do certame serán xente emprendedora, inversores/as e empresarios/as que buscarán “facer negocio” dende diferentes partes do mundo. O obxectivo é que os dez mellores proxectos se presenten nunha gala final ante inversores/as e empresarios/as –entre eles, Blusens Corporation, ICEX, ALSA...– e chegar a diferentes acordos para desenvolver os proxectos.

Para poder asistir, deberase cumprimentar o seguinte formulario.