Saltar ao contido principal
Xornal  »  O reitor Juan Viaño preside este martes 21 a toma de posesión de Begoña Barreiro como decana da Facultade de ADE

O reitor Juan Viaño preside este martes 21 a toma de posesión de Begoña Barreiro como decana da Facultade de ADE

O acto, que se desenvolverá na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, comezará ás 13.00 horas

Actualizada: 20-03-2017 14:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presidirá este martes 21 de marzo o acto de toma de posesión da profesora Begoña Barreiro Fernández como decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, un cargo académico no que afronta o seu segundo mandato cun equipo renovado, integrado polos profesores Fernando Losada, en calidade de vice decano, e Pablo Durán Santomil, quen desenvolverá as funcións propias da secretaría académica do centro.

 

A cerimonia protocolaria na que a profesora Begoña Barreiro Fernández formalizará a súa toma de posesión como decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC é un acto aberto ao público que congregará a unha nutrida representación de docentes e cargos académicos do campus de Lugo. Os vicerreitores de  Coordinación, Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Javier Bueno, Andrés Barreiro e Carme Silva, respectivamente, así como a secretaría xeral da USC, Consuelo Ferreiro, tamén estarán presentes no acto.