Saltar ao contido principal
Xornal  »  Últimas semanas para enviar comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero

Últimas semanas para enviar comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero

Actualizada: 21-04-2017 09:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Logo das xornadas que se celebrarán o próximo mes de xullo en Vigo

O prazo de presentación de comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero (V XUGeX) rematará o próximo 4 de maio. É unha xornada que organizan as oficinas/unidades de Igualdades das universidades galegas en Vigo o vindeiro mes de xullo co lema ‘Transformando dende a universidade’.

Nesta quinta edición o programa estará centrado na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios, así como na necesidade das investigacións feministas e de xénero que achegan os instrumentos para alcanzar o correlativo cambio social. Como na edición anterior, a convocatoria está aberta ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

A comunicación completa, dependendo da área temática, deberá enviarse por correo electrónico. As encadradas no ámbito de docencia a oix@usc.es se versan sobre prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero nas aulas universitarias; a oficina.igualdade@udc.es para as relativas a experiencias de inclusión da perspectiva de xénero noutras etapas educativas; e a igualdade@uvigo.es, para as propostas sobre comunicación inclusiva: o uso da linguaxe e das imaxes na docencia. Os traballos sobre investigación poderán remitirse a oix@usc.es cando estean relacionados coas perspectivas feministas na investigación universitaria; a igualdade@uvigo.es cando fagan alusión as representacións de xénero na cultura popular; e a oficina.igualdade@udc.es as centradas na diversidade sexual no ámbito educativo.