Saltar ao contido principal
Xornal  »  O Campus Terra da USC recibe unha delegación de docentes internacionais a través do proxecto europeo Erasmus Plus KA-107

O Campus Terra da USC recibe unha delegación de docentes internacionais a través do proxecto europeo Erasmus Plus KA-107

Actualizada: 21-04-2017 10:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Campus Terra da USC recibirá a próxima semana a visita de dous grupos de profesores e investigadores procedentes de universidades e centros de investigación de diferentes países de África e Asia ao abeiro do proxecto europeo Erasmus Plus KA-107, que impulsa a mobilidade e colaboracións internacionais entre institucións europeas e non europeas.

 

Este programa de mobilidade internacional traerá o luns 24 ata o Campus Terra 14 docentes procedentes de Armenia, Afganistán, Alxeria, Tunicia, Exipto, Palestina, Líbano, Xordania e India. Mentres que a sede universitaria luguesa recibirá o día seguinte, martes 25 , outros 22 profesores chegados de Afganistán, Marrocos, Tunicia, Exipto, Palestina, Líbano, Xordania e China.

 

Esta delegación de profesorado internacional prolongará durante varios días a súa estadía na sede universitaria luguesa, a fin de afondar no coñecemento, estreitar ligazóns e abordar futuras liñas de colaboración entre o Campus Terra da USC e os seus centros de procedencia.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, ofrecerá o luns unha recepción institucional á primeira delegación de profesores no edificio da Vicerreitoría, onde logo de manter un primeiro encontro, a comitiva internacional realizará unha visita guiada ao xacemento da Domus do Mitreo para logo completar un percorrido pola cidade amurallada.