Saltar ao contido principal
Xornal  »  Acto de graduación de Filoloxía

Acto de graduación de Filoloxía

Actualizada: 21-04-2017 10:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A promoción 2013-2017 de Filoloxía da USC celebra este sábado 22, ás 17:00 horas no Hotel Congreso (Montouto), o seu acto de graduación, que presidirá o vicerreitor José Pereira.

Este ano son en total 151 graduandos das cinco titulacións que se imparten na Facultade, e que escolleron como padriños e madriñas a Manuel Enrique Vázquez Buján e María José García Blanco (Grao en Filoloxía Clásica); María Soledad Pérez-Abadín Barro e Luis Martul Tobío (Lingua e Literatura Españolas); Elisa Fernández Rei e Francisco Dubert García (Lingua e Literatura Galegas); Jorge Sacido Romero e Laura María Lojo Rodríguez (Lingua e Literatura Inglesas); María José Domínguez Vázquez e Emilio González Miranda (Linguas e Literaturas Modernas, Alemán); Manuel García Martínez (Linguas e Literaturas Modernas, Francés),  e María Isabel Morán Cabanas (Linguas e Literaturas Modernas, Portugués).

En representación do alumnado tomarán a palabra Roberto Castro López e Pablo Mancebo Cancela.