Saltar ao contido principal
Xornal  »  A ictiofauna doceacuícola como indicadora do estado ecolóxico centra en xuño a temática dun curso de verán da USC en Lugo

A ictiofauna doceacuícola como indicadora do estado ecolóxico centra en xuño a temática dun curso de verán da USC en Lugo

Actualizada: 24-05-2017 09:58
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da Universidade de Verán 2017 da USC

‘A ictiofauna doceacuícola como indicadora do estado ecolóxico segundo a directiva europea marco da auga no contexto da agroecoloxía’ é o título do curso incluído na programación da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 13 ao 15 de xuño no Centro de Interpretación das Terras do Miño, na capital luguesa. Estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas na temática, este programa formativo e de divulgación, está dirixido polo director da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC e presidente da Asociación Galega de Investigadores da Auga (Agaia) e polo tamén profesor da USC e director da Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Tomás Cuesta García.

 

Este curso de verán da USC conta con financiamento da Deputación de Lugo, Agaia e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A finalidade deste programa de formación estival da USC pasa encher o baleiro que supón que en moi raras ocasións os estudantes ou profesionais da Bioloxía e Ciencias Ambientais ou os técnicos medioambientais teñan a oportunidade de aprender a metodoloxía básica para a diagnose do estado ecolóxico das masas de auga, considerando os modelos agrícolas e os usos do solo como axentes causais das características biolóxicas amosadas polas comunidades de peixes doceacuícolas.

 

Os distintos relatorios e sesións de carácter práctico incluídas neste seminario estival abranguen unha ampla temática que vai desde a diagnose do estado ecolóxico das masas de agua, proceso de planificación, modelos agrícolas e calidade de augas, depuración de pequenos núcleos rurais, atenuación de riscos de inundación, efectos da contaminación, conservación da ictofauna continental ou, entre outros, aparellos de pesca eléctrica e toma de datos biolóxicos individuais dos peixes.

 

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste programa, para o que está aberta a matrícula ata o vindeiro 2 de xuño.