Saltar ao contido principal
Xornal  »  Cinco títulos no ciclo de cinema australiano que comeza o luns

Cinco títulos no ciclo de cinema australiano que comeza o luns

Actualizada: 16-06-2017 13:11
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Centro de Linguas Modernas da USC xunto coa ASBA (Australia Spain Business Association), a Embaixada de Australia e o Concello de Santiago organizan de novo unha mostra de cine australiano. As exhibicións, gratuítas previo paso por billeteira, serán no Teatro Principal ás 20.30 horas, agás a do próximo día 19 ás 21.00 horas.

Precisamente o primeiro día do ciclo, o luns 19, ás 20.00 horas terá lugar un cóctel de inauguración ao que asistirán o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o embaixador de Australia en España, Timothy Kane; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e a vicepresidenta de ASBA, Sonia Lorenzo.

As cinco películas que se van proxectar tratan temas da vida cotiá e doméstica dunha sociedade aberta, multicultural e tolerante, pero coas súas regras de xogo. O luns 19 será a quenda de ‘Lion’ de Garth Davis, mentres que o 26 de xuño será a de ‘Paper Planes’, un filme de Robert Connolly.

‘The Dressmaker’, de Jocelyn Moorhouse, proxectarase o 1 de xullo, e a de animación para os máis pequenos ‘Blinky Bill’ o domingo 2. O ciclo rematará o 18 de xullo con ‘Son of a gun’, de Julius Avery.