Saltar ao contido principal
Xornal

O curso de verán da USC en Lalín busca incrementar a conciencia sobre a violencia de xénero na sociedade civil

Actualizada: 05-07-2017 13:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Por décimo terceiro ano consecutivo, o Auditorio Municipal de Lalín acollerá este mes de xullo o curso ‘ Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0’, nesta ocasión centrado na violencia de xénero e as estratexias a implementar no eido educativo. A matrícula deberá formalizarse en liña ata o 7 de xullo.

As súas directoras, María José Méndez Lois e María Jesús Payo Negro, márcanse como obxectivos incrementar a conciencia sobre a violencia de xénero na sociedade civil e non limitar así o debate sobre os medios para combater as violencias. Ademais, tratarán de coñecer boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias na escola revisando ferramentas habitualmente empregadas.

Cada unha das catro xornadas do curso, a desenvolver entre o 18 e o 21 de xullo, dedicarase a un aspecto concreto -violencias, diversidade, coeducación e emocionalidade­, tratado por profesionais dos diferentes ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades.

Este curso está co organizado pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e conta con financiamento do Concello de Lalín.