Saltar ao contido principal
Xornal

O curso de verán de Vilanova de Arousa revisita a ruta Padre Sarmiento

Actualizada: 05-07-2017 13:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

‘ Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés: revisitando a ruta Pai Sarmiento’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán 2017 da USC e que se desenvolverá do 17 ao 20 de xullo no Pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa. A matrícula, en liña, remata o 7 de xullo.

Con este curso preténdese dar a coñecer a extensa cultura da comarca do Salnés e a súa importancia dentro da historia da comunidade. O tema central desta edición será o percorrido que seguiu o Pai Sarmiento pola comarca do Salnés no ano 1745.

Dirixido por Mª Dolores Barral Rivadulla e Marta Cendón Fernández, o curso abarcará os distintos lugares que se mencionan no texto da obra Viaje a Galicia baixo unha mirada histórica, xeográfica, artística e cultural. Para iso, contará coa participación de numerosos historiadores e arqueólogos.