Saltar ao contido principal
Xornal

A profesora Lourdes Mella participa na organización en Porto do I Congreso Internacional Labour 2030

Actualizada: 06-07-2017 13:12
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O futuro do mundo do traballo, a robotización ou a industria 4.0 atópanse entre as cuestións que investigadores do eido xurídico revisarán a vindeira semana no I Congreso Internacional Labour 2030, co lema ‘Repensando o futuro do traballo’ e en cuxa coordinación participa a profesora da Facultade de Dereito da USC Lourdes Mella Méndez. O encontro celebrarase en Porto coa participación de persoal investigador de 20 países.

Ademais a profesora Mella, no programa do encontro figuran as intervencións de Alicia Villalba Sánchez que tratará o dereito fundamental á protección de datos do traballados fronte os poderes do empresario e Lara Nogueira Ferreiro cun relatorio sobre a importancia da mobilidade dos investigadores e a súa regulación actual.

Coordinador CIELO
A profesora Lourdes Mella Méndez, ademais de docente na Facultade de Dereito é coordinadora xeral da Rede CIELO (Comunidade para a Investigación e Estudo Laboral e Ocupacional), entidade que engloba persoal investigador e expertos/as de más de 25 países del mundo latino, europeo e americano.

Dende 1997, a profesor Mella imparte docencia na Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social nas súas diferentes materias, Dereito do Traballo I e II ou Conflitos colectivos entre outras. Ademais, dende o curso 1998-1999 ten sido a responsable de cursos e seminarios desenvolvidos no seo dos programas de doutoramento sucesivamente  ofertados  polos  catro  departamentos  constituídos na área  das Ciencias Xurídicas na USC.

Como investigadora principal desenvolveu proxectos sobre a violencia de xénero como problema social e cultural dende o punto de vista do Dereito do Traballo; políticas autonómicas e negociación colectiva en relación coa violencia de xénero, con especial atención ao caso galego; ou sobre o teletraballo, dende o punto de vista da súa situación actual e perspectivas de desenvolvementos e dende a súa avaliación xurídica no marco español e comparado como modelo de flexibilidade, conciliación e produtividade.