Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación do libro Las medicinas de la historia española en América

Actualizada: 10-07-2017 11:18
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor xubilado da USC Enrique Raviña presenta este martes en San Xerome o seu último libro, Las medicinas de la historia española en América / Medicines of Spanish History from America, que a Universidade compostelá coedita coa Fundación Lilly.

A presentación terá lugar no Salón Reitoral ás 12.00 horas presidida polo reitor Juan Viaño e nela, ademais dou autor, intervirán a coordinadora de proxectos da Fundación Lilly, Yolanda Martín Azañedo, e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

O que foi catedrático de Química Farmacéutica na USC fai reconto no volume, que presenta á vez versión en español e inglés, as medicinas descubertas tras a colonización española do continente americano, que significou unha nova fonte para a farmacoloxía debido a que a gran diversidade de territorios no Novo Mundo ofrecía novas plantas medicinais e drogas.