Saltar ao contido principal
Xornal

Na busca de maior conciencia sobre o impacto global do sistema de produción alimentaria actual

Actualizada: 10-07-2017 11:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Que factores debemos ter en conta na nosa alimentación?, a que se lle pode chamar alimento ecolóxico?, en que consiste a chamada Slow Food? que certificados podemos atopar nos produtos que consumimos? A esas e moitas outras cuestións tentará responder o curso de verán ‘Slow food, da soberanía alimentaria á certificación ecolóxica’ organizado en colaboración con Acide. O prazo de matrícula remata o 25 de agosto.

Así, entre o 28 de agosto e o 1 de setembro no Colexio Maior Fonseca tentarase concienciar do impacto global que supón o sistema de produción alimentaria actual e achegar alternativas coas que reconducir hábitos de consumo.

Nos cinco días do curso haberá relatorios sobre o propio concepto de ‘slow food’, a certificación ecolóxica, a pesca Sostible, o comercio de produto fresco de proximidade, a preservación de razas autóctonas, a compra sostible, os alimentos quilométricos e os trasxénicos e a soberanía alimentaria, entre outros.