Saltar ao contido principal
Xornal  »  Debaten en Mariñán sobre as posibilidades dun novo relato do 36

Debaten en Mariñán sobre as posibilidades dun novo relato do 36

Actualizada: 14-07-2017 13:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Baixo o lema ‘1936: Posibilidades e límites dun novo relato’, o grupo de investigación da USC Histagra organiza un seminario no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña). A xornada desenvolverase como continuidade do Congreso ‘1936 Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria’ e da exposición ‘80 anos. Santiago 1936.

Desde a perspectiva da historiografía, os estudos culturais e literarios, a filosofía, o dereito e o xornalismo, os participantes afrontarán a necesidade e a forma de construír un novo relato sobre o golpe de 1936 e o pasado incómodo resultado del. As sementes deste seminario converteranse nun libro nos próximos meses.

No encontro participarán os especialistas da USC Carlos Teijo, Lourenzo Fernández Prieto, Dolores Vilavedra Fernández e Antonio Miguez Macho; Antonio Cazorla, da Universidade de Trent (Canadá); Jesús Izquierdo, da UAM; Ángel Loureiro e Xermán Labrador, de Princeton University; Miguel Anxo Murado; Mª José Olaziregui e Lourdes Otaegui, da Universidade do País Vasco; Óscar Rodríguez Barreira, da de Almería e Reyes Mate, do CSIC.