Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto un concurso público para a contratación temporal de persoal para o Centro de Benvida Internacional da USC

O prazo rematará o 23 de agosto

Actualizada: 21-07-2017 11:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC mantén aberto un proceso de concurso público para a contratación de persoal temporal que colaborará na xestión da mobilidade de doutorandos/as a través do programa Erasmus Plus e nas actividades do Centro de Benvida Internacional relacionadas coa atención a usuarios/as e proxección exterior da USC. O prazo límita para a presentación de solicitudes rematará o 23 de agosto.

Convócanse un total de tres prazas, dúas para atención de usuarios/as cunha duración inicial de catro meses prorrogables por outras doce e unha terceira para xestión de mobilidade de doutorandos/as, cun duración de doce meses, nos tres casos dende o 1 de setembro de 2017. A comisión de selección encargada da selección presídea a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido Quintana, e intégrana tamén Jacobo Feás Vázquez, asesora desta vicerreitoría, en calidade de secretario; e a vicexerenta de Persoal, Dulce Mª García Mella, e o xefe do Servizo de Relacións Exteriores, Enrique López-Veloso.

Para os tres postos requírese licenciatura ou grao así como un a acreditación de coñecementos de inglés con nivel avanzado (C1). Os detalles da convocatoria están dispoñibles na web. As persoas interesadas tamén poden acadar máis información no  8818 12878 ou no correo international@usc.es.