Saltar ao contido principal
Xornal

Graduación da quinta promoción de Química

Actualizada: 21-07-2017 13:53
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A quinta promoción do grao en Química da USC celebra este sábado 22, ás 17.30 horas no Hotel Congreso, o seu acto de graduación, que presidiu o reitor Juan Viaño. O alumnado designou madriña da promoción a Ana María González Noia, do departamento de Química Inorgánica, e padriño a Francisco Rivadulla Fernández, de Química Física.

Na cerimonia intervirán ademais a decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera; a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos da USC, Benita Silva Hermo; o presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez; e os estudantes Lucía Corral Cid e Mario Osorio Álvarez.