Saltar ao contido principal
Xornal

A profesora Laura Carballo Piñeiro participa nos cursos de verán da Academia de La Haya de Dereito Internacional

Actualizada: 01-08-2017 11:56
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A profesora da USC Laura Carballo Piñeiro participa este mes nos cursos de verán da Academia de La Haya de Dereito Internacional. Concretamente, vai actuar como directora de Estudos da sección de Dereito Privado daqueles candidatos que desexen obter o prestixioso Diploma da Academia.

Sita no Pazo da Paz en La Haya, a Academia de Dereito Internacional é a máis distinguida institución académica de dereito internacional público e privado do mundo. A súa creación foi promovida por T.M.C. Asser, quen dedicou parte do Premio Nobel da Paz que lle foi concedido en 1911 á súa creación.

A Academia, que funciona na veciñanza da Corte Internacional de Xustiza e da Corte Permanente de Arbitraxe, non é unha universidade e non conta con persoal propio, senón que son os membros do Curatorio os encargados de seleccionar os académicos, prácticos, diplomáticos e personalidades que considere con calidades para impartir os cursos.