Saltar ao contido principal
Xornal  »  En setembro comeza o novo curso

En setembro comeza o novo curso

Actualizada: 03-08-2017 14:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A pesar de que a inauguración oficial do curso 2017-2018 será o 7 de setembro na tradicional cerimonia académica que ten lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, as clases nos graos darán comezo o día 11 de setembro.

Ese primeiro período de docencia –que os másteres poderán retrasar ata o día 25– estenderase ata o 18 de decembro, data na que se abrirá un prazo aproximado de mes e medio para que cada centro celebre os exames do semestre así como os da convocatoria extraordinaria de fin de carreira. O segundo período de docencia terá lugar do 30 de xaneiro ao 15 de maio, con algo máis dun mes para os exames. As avaliacións da segunda oportunidade desenvolveranse entre o 26 de xuño e o 20 de xullo.

O calendario académico establece ademais que non serán períodos lectivos do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, o 12 e 13 de febreiro e do 26 ao 30 de marzo de 2018. Será tamén festivo o luns 29 de xaneiro, día ao que se traslada a festividade de San Tomé de Aquino.