Saltar ao contido principal
Xornal

A USC condena enerxicamente o atentado de Barcelona

Actualizada: 18-08-2017 11:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) condena enerxicamente o atentado terrorista de Barcelona, mostra a súa solidariedade co pobo catalán, coas autoridades, con tódalas persoas que defenden a convivencia pacífica e en liberdade e, de modo moi especial, solidarizase coas vítimas, familiares e amigos.

O reitor, Juan Viaño, e o equipo reitoral fan un chamamento a toda a comunidade universitaria para que, cadaquén dende as súas posibilidades, contribúan a erradicar a lacra do terrorismo que, independentemente de onde se produza, ataca a toda a sociedade.