Saltar ao contido principal
Xornal  »  A USC participa na Conferencia Anual da Asociación Europea de Educación Internacional

A USC participa na Conferencia Anual da Asociación Europea de Educación Internacional

Actualizada: 14-09-2017 14:39
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC participa este días en Sevilla na Conferencia Anual da Asociación Europea da Educación Internacional (EAIE polas súas siglas en inglés), evento que se celebra baixo o lema ‘Un mosaico de culturas’ e que conta con máis de 200 expositores. En representación da Universidade compostelá, a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, mantivo encontros dirixidos a impulsar a creación de novos acordos e fortalecer os xa establecidos, entre outras, con institucións de Xapón, Alemaña ou Canadá.

A EAIE, fundada en 1989, defínese como un foro europeo de discusión dos profesionais da educación superior tanto no ámbito académico como de xestión. Actualmente, conta con arredor de 2.500 membros de máis de 80 países, sendo a súa principal actividade o fomento, dentro dunha perspectiva global, da internacionalización da educación superior.