Saltar ao contido principal
Xornal

Astrofísica para inaugurar a sexta edición das NerdNites

Actualizada: 15-09-2017 10:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As NerdNites botan a andar o seu sexto ano de vida cunha sesión o vindeiro mércores 20 ás 21:30 horas no Café Casino (rúa do Vilar, 35). Nesta ocasión será unha xornada dedicada á astrofísica, en sinerxía co congreso ‘The road to the stars’ organizado na USC polo Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Así, a profesora de astronomía e astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel intervirá coa charla ‘55 Cancri e, Proxima b, TRAPPIST-1...; vaia nomes que teñen!’. Pola súa banda,  o catedrático de astronomía da Universidade de Valencia Vicent J. Martínez chega á NerdNite con ‘Máis aló hai dragóns’.

Por último, o profesor de astronomía da Universidade de Victoria (Canadá) Julio Fernando Navarro falará de materia escura e enerxía escura, “as dúas forzas misteriosas que dominan o Universo”.