Saltar ao contido principal
Xornal

A promoción 1962/1967 de Matemáticas celebra este sábado as súas vodas de ouro

Actualizada: 15-09-2017 14:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Imaxe de arquivo dun grupo de integrantes da promoción

A promoción 1962/1967 da licenciatura en Matemáticas celebrará este sábado 16 un acto na Facultade de Matemáticas para conmemorar as vodas de ouro da súa graduación.

A decana do centro, Elena Vázquez Cendón, presidirá a sesión que comezará ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade e no transcurso da que asinarán no libro de honra do centro. Conformada por sete mulleres e once homes, esta é a terceira promoción que se licencia dende a creación do título de Matemáticas na USC. Entre os seus integrantes destacan os profesores José Carlos de Miguel Domínguez, Javier Fernández Pérez ou Gerardo Rodríguez López, profesores da USC.