Saltar ao contido principal
Xornal

A Asociación de Antigos Alumnos da USC convoca a XII Premio de Relato Curto

Dotado con 500 euros, o prazo de presentación de traballos remata o 15 de novembro

Actualizada: 18-09-2017 13:57
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca a décimo segunda edición do Premio Relato Curto cunha dotación económica de 500 euros, cantidade que achega o Instituto Policlínico La Rosaleda.

Aberto a todo o público en xeral, agás aos integrantes da xunta directiva da asociación, o prazo de entrega dos traballos finaliza o 15 de novembro de 2017. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en lingua galega, cun máximo de sete folios. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo.

Os traballos deben ser remitidos á asociación á dirección Casa da Concha, Rúa da Conga, 1 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).