Saltar ao contido principal
Xornal

Xornada para modernizar o Dereito en cuestións que afectan á mocidade

Actualizada: 18-09-2017 14:08
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os vindeiros días 28 e 29 de setembro desenvolveranse na Facultade de Dereito as xornadas ‘Propostas de modernización do Dereito en cuestión que afectan á mocidade’, que terán como principais eixes temáticos a discapacidade, os menores, a violencia de xénero, as parellas de feito e as novas tecnoloxías. 

As xornadas contarán con especialistas e representantes de asociacións de menores, discapacitados e vítimas de violencia de xénero, que se distribuirán en catro mesas redondas nas sesións de mañá e nun obradoiro na sesión da tarde do día 28.

Estas xornadas gratuítas están principalmente destinadas, aínda que non exclusivamente, á xente nova, sen ser preciso ser estudante de Dereito.