Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus Terra ofrece este xoves na Casa do Saber unha recepción ao novo estudantado internacional

Actualizada: 20-09-2017 13:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Campus Terra da USC ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, un acto de benvida aos novos estudantes internacionais que formalizaron a súa inscrición este curso académico nalgúns dos títulos de grao e posgrao ofertados pola USC.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, actuará como anfitrión deste grupo de estudantes foráneos, no marco dunha sesión na que tamén intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial responsable da área de Réxime Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos.

 

Unha proxección informativa sobre o Campus Terra da USC, a presentación dos diversos servizos universitarios dos que poden gozar os novos estudantes durante a súa estadía en Lugo e a visita á Domus do Mitreo completan o programa dunha xornada de benvida, que tamén inclúe visitas institucionais ás sedes do Concello e a Deputación Provincial de Lugo, nas que o alumnado estranxeiro estará acompañado, entre outros, da vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez.