Saltar ao contido principal
Xornal

O CiQUS ofrece dez contratos a tempo parcial para estudantes de máster

Actualizada: 21-09-2017 12:28
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O CiQUS da USC convoca a   sexta edición do seu Programa de Inicio á Investigación , cunha oferta para este curso de dez contratos a tempo parcial destinados a estudantes que desenvolvan o seu traballo de fin de mestrado (TFM) baixo a dirección dun investigador adscrito ao centro.

As persoas seleccionadas recibirán asesoramento científico a través da súa participación activa nas liñas de traballo desenvolvidas por distintos grupos do CiQUS, entre as que se inclúen a síntese, o illamento, a caracterización ou o estudo experimental e teórico de compostos químicos, biomoléculas e materiais.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o venres 6 de outubro ás 14:00 horas.