Saltar ao contido principal
Xornal

O Centro de Linguas Modernas amplía o prazo de matrícula ata o 30 de setembro

Actualizada: 21-09-2017 14:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC amplía ata o 30 de setembro o prazo para matricularse nos seus cursos de alemán, francés, inglés, italiano, portugués, catalán, checo, chinés, danés, xaponés, galego para non galegofalantes e español como lingua estranxeira.

Quen desexe coñecer o seu nivel de inglés para matricularse nel poderá participar nunha proba o vindeiro 25 de setembro ás 11.00 horas na Aula 1 da Facultade de Dereito.  As persoas que non teñan un nivel asignado pero si coñecementos dun idioma deben poñerse en contacto co CLM a través do enderezo clm@usc.es.

Como novidades fronte a anos pasados o Centro de Linguas Modernas incorpora no Campus de Santiago a posibilidade de realizar Speaking Skills B1-B, B2-B e C1. Ademais, o CLM é o centro examinador para a comunidade universitaria de alemán, inglés, francés, italiano e portugués en Santiago, e de alemán, inglés, francés e portugués no Campus de Lugo, concretamente das probas B1 e B2 segundo as convocatorias dispoñibles na web do CLM.