Saltar ao contido principal
Xornal

Presentado o primeiro curso de especialización en Educación Emocional

Actualizada: 21-09-2017 14:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A presentación estivo presidida pola decana da Facultade de Ciencias da Educación, Carmen Fernández

A USC e a plataforma educativa Espacio Emociona presentaran este xoves o primeiro curso de especialización en Educación Emocional que se leva a cabo en Galicia. O curso desenvolverase entre xaneiro e xuño de 2018 na Facultade de Ciencias da Educación dirixido tanto a educadores como a profesionais de calquera ámbito de traballo con persoas (psicólogos, pedagogos, orientadores laborais, responsables de recursos humanos,...).

Terá unha duración de 200 horas lectivas e o programa lectivo inclúe coñecementos teóricos e prácticos para a súa aplicación en ámbitos tan diversos como o educativo, social, empresarial ou o da saúde, impartidos por profesionais de referencias nas diferentes materias. A información relativa ao programa, equipo docente e trámites de inscrición están dispoñibles na web do curso.

Durante a presentación desta iniciativa formativa tamén se presentou a cuarta edición do Foro Emociona, o encontro especializado en educación emocional e social máis importante de España e que desenvolve a plataforma galega Emociona coa colaboración da USC e a Xunta de Galicia. O Foro reunirá máis de 1.400 profesionais de todo o país en Santiago o proxímo 18 de novembro.