Saltar ao contido principal
Xornal  »  A décimo primeira promoción de Estalmat-Galicia comeza este sábado as actividades

A décimo primeira promoción de Estalmat-Galicia comeza este sábado as actividades

O programa, avalado pola Real Academia de Ciencias, conta co apoio do Consello Social da USC, da Consellaría de Educación, das Deputacións da Coruña e Lugo e da Fundación Española de Ciencia y Tecnología

Actualizada: 22-09-2017 14:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Mapa coa procedencia da 11ª promoción de Estalmat-Galicia

Os 25 estudantes que conforman a 11ª promoción de Estalmat-Galicia  de estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 15 anos, participarán este sábado 23 no acto inaugural do curso 2017-2018, que terá lugar ás 10:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

A apertura presidiraa o reitor da USC e presidente de ESTALMAT-Galicia, Juan Viaño, e nela participarán tamén a decana da Facultade e coordinadora xeral do programa, Elena Vázquez Cendón; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a deputada da Subárea de Cultura e Educación da Deputación de Lugo, Pilar García Porto; a xefa do Servizo de Promoción e Cooperación Institucional da Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, Mª Luz González, e o representante dos docentes que avalan os estudantes nas probas, Federico Silva Cobas, profesor de Matemáticas do IES Rosalía de Castro de Santiago. A presentación da 11ª Promoción faraa a coordinadora académica e secretaria do Comité organizador de ESTALMAT-Galicia, Marina Gemiñás.

Ao final do acto, as dúas alumnas e os 23 alumnos finalmente seleccionados partirán a un campamento matemático no Albergue de Ecoturismo Alvarella-Vilarmaior na Coruña. Compartirán a fin de semana con eles o responsable do campamento, o profesor Victor Pollán; a responsable de Relación coas Familias, Covadonga Rodriguez-Moldes, e as extalmateiras BárbaraRodríguez Presedo e Marina López Seoane, que actualmente cursan na USC o grao en Matemáticas e o dobre grao de Matemáticas e Física, respectivamente.

Entre as novas actividades programadas, este curso manipularán unhas cúpulas de Leonardo, participarán nun concurso de fotografía matemática e traballarán cos exemplares da Unidade didáctica ‘María Wonenburger: Unha científica adiantada ao seu tempo’.