Saltar ao contido principal
Xornal

‘Quedamos na casa!’, a cultura universitaria nun único espazo

Actualizada: 22-09-2017 13:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Casa de Europa converterase un ano máis nun escaparate vivo de toda a oferta artística e cultural da Universidade de Santiago de Compostela. Teatro, danza, música, exposicións, performances ou astronomía encherán nunha xornada gratuíta o 28 de setembro os espazos do singular edificio da Universidade no Parque de Vista Alegre.

A xornada comezará ás 17.00 horas cunha visita guiada polo parque e continuará ata as 22.00 con numerosas actividades simultáneas. Dende obradoiros de fotografía ou danza latina ata observacións astronómicas, pasando por microteatro, performances de danza, concertos da Orquestra da USC ou do Coro da USC e mesmo unha intervención da Fonoteca. Ademais, durante toda a xornada haberá un catering servido polo restaurante Garum.

‘Quedamos na casa!’ nace coa idea de promover a cultura e o patrimonio da USC dando visibilidade a todos os seus departamentos culturais ao tempo que achega ao público xeral e á comunidade universitaria parte do seu patrimonio menos coñecido.