Saltar ao contido principal
Xornal

O edificio do Museo de Historia Natural, homenaxeado polo Clúster da Madeira no Día Mundial da Construción Sostible

Actualizada: 22-09-2017 14:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Con motivo do Día Mundial da Construción Sostible que se celebra este sábado, o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia homenaxeará o edificio do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, obra de César Portela, polo seu compromiso no uso da madeira “e por representar os valores que apostan por un futuro sostible”.

Todos os anos o Clúster escolle unha obra que represente características sostibles e unha boa praxe construtiva no uso da madeira. Así, en anteriores edicións destacaron La Vaquería, de Víctor López Cotelo; a Escola Infantil de Ourense, de Ábalo Alonso; a Piscina Acor, de Patxi Mangado; Casa Chao, de Creus e Carrasco, e o Dolmen de Dombate.