Saltar ao contido principal
Xornal

O Museo de Historia Natural da USC celebra o Día Mundial do Hábitat

Actualizada: 25-09-2017 12:20
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Con motivo do Día Mundial do Hábitat o vindeiro 2 de outubro, o Museo de Historia Natural da USC ten previsto para este sábado 30 de setembro o obradoiro ‘Galicia, bosques e ríos’. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, traballaranse de maneira lúdica conceptos como ecosistema, hábitat, nicho ecolóxico ou especie autóctona e invasora, ademais de coñecer as características dos principais hábitats terrestres de Galicia.

Para asistir é preciso cubrir o formulario da páxina web do Museo, o que unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase por correo electrónico ou por teléfono.