Saltar ao contido principal
Xornal

As autoras do Premio Marta de Pedagoxía achegan este xoves en Formación do Profesorado as claves do libro ‘Os fíos de infantil’

A profesora da USC Lina Iglesias Forneiro acompañará a Ángeles e Isabel Abelleira na presentación deste obra nun acto que comezará ás 18.00 horas

Actualizada: 27-09-2017 08:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da sesión

As autoras de ‘Os fíos de infantil’, as mestras Ángeles e Isabel Abelleira, que se fixeron acredoras da última edición do premio Marta Mata de Pedagoxía por esta obra, achegarán este xoves na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo as claves desta publicación, no marco dun acto aberto ao público que se desenvolverá a partir das 18.00 horas.

 

A profesora da área de Didáctica e Organización Escolar do Departamento de Pedagoxía da USC Lina Iglesias Forneiro e a editora desta obra, Malores Villanueva, acompañarán ás autoras desta publicación na presentación do seu libro. Ángeles e Isabel Abelleira aproveitarán este acto para achegar as súas reflexións sobre procesos e procedementos innovadores na educación infantil.

 

Daquela, estas dúas mestras de segundo ciclo de educación infantil tamén explicarán as motivacións polas que lanzaron hai xa sete anos o blogue InnovArte Educación Infantil, unha bitácora dixital aberta á participación de todo o público interesado e orientado a servir de ferramenta útil para contribuír á mellora e á progresiva implantación de metodoloxías, recursos e procesos innovadores nesta etapa inicial do ensino.