Saltar ao contido principal
Xornal

As áreas culturais da USC “ocupan” a Casa de Europa

Actualizada: 27-09-2017 11:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Área de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade. Dende a Aula de Teatro ao Espazo de Danza, pasando pola Orquestra Universitaria, o Espazo de Fotografía, o Coro Universitario ou o Observatorio de Astronomía.

O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa, antiga vivenda de tipo indiano no Parque de Vista Alegre que actualmente é utilizada pola universidade como residencia universitaria. Unha auténtica xoia arquitectónica que este xoves poderá visitarse interiormente e descubrir estancias tan singulares como a capela privada ou a galería acristalada.

A xornada, gratuíta e de libre entrada, comezará ás 17.00 horas cunha visita guiada polo parque e continuará ata as 22.00 con numerosas actividades simultáneas. Dende obradoiros de fotografía ou danza latina ata observacións astronómicas, pasando por microteatro, performances de danza, concertos da Orquestra da USC ou do Coro da USC e mesmo unha intervención da Fonoteca. Ademais, durante toda a xornada haberá un catering servido polo restaurante Garum.

 

Outras imaxes