Saltar ao contido principal
Xornal

A Cátedra Juana de Vega organiza un faladoiro sobre a contabilidade do capital natural

Actualizada: 28-09-2017 09:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Cátedra Juana de Vega de Historia Contemporánea organizará este venres 29 un faladoiro sobre a contabilidade do capital natural, a súa situación presente e as perspectivas de futuro baixo a coordinación da profesora de Fundamentos de Análise Económica María Loureiro García.

O faladoiro busca familiarizar a quen asista coa definición do concepto de capital natural e os seus elementos así como achegar os avances da súa contabilidade, tanto no plano europeo como español. No desenvolvemento do programa intervirán representantes de Eurostat, do Instituto Nacional de Estatística e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Na sede da Fundación Juana de Vega na Coruña, en horario de 9.30 a 13.30 e de 14.30 a 17.00 horas, este faladoiro tenta reflexionar sobre o capital natural, “moi significativo” no caso de Galicia, explican os promotores do encontro. Polo de agora “carecemos de fontes estatística para coñecer o seu estado e evolución” o que impide a súa valoración adecuada en canto ao papel que xoga como motor de riqueza. Dende diferentes institucións intergubernamentais estanse facendo esforzos notables por unificar criterios na contabilidade do capital natural e así “medir adecuadamente tanto o stock de recursos existentes como os servizos ecosistémicos xerados por estes recursos”, explican os expertos neste ámbito.