Saltar ao contido principal
Xornal

A Tuna da de Veterinaria de Lugo rende agradecemento público aos seus benfeitores no trixésimo aniversario da súa creación

Javier Bueno, Manuel Núñez e Totono Carril participaron na Casa do Saber nun acto social, no que a tuna luguesa nomeou madriña de honra a Carmen Gosende

Actualizada: 04-10-2017 08:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Ronda da Tuna de Veterinaria de Lugo ás madiñas Conchita Méndez e Carmen Gosende

A Asociación de Antigos Tunos de Lugo celebrou este sábado no auditorio da Casa do Saber de Lugo un acto conmemorativo da celebración do trixésimo aniversario da creación da Tuna de Veterinaria de Lugo, no marco do que a formación luguesa fixo público o seu agradecemento ao Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e á USC, entre outras entidades, institucións, empresas e persoas, pola súa contribución e apoio ao nacemento da Tuna de Veterinaria de Lugo, ademais de distinguir como madriña de honra da tuna a Carmen Gosende.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, foi o encargado de dar a benvida a todos participantes neste acto conmemorativo, no que tamén interviñeron o xornalista Francisco Rivera Cela; o tuno decano da formación luguesa, Totono Carril, e o concelleiro de Educación e Infraestruturas do Concello de Lugo, Manuel Núñez.

 

A celebración desta efeméride serviu asemade para que a Tuna de Veterinaria de Lugo interpretara un elenco de temas do seu amplo repertorio no auditorio da Casa do Saber, onde tamén se agasallou con cadanseu ramo de flores á actual madriña da formación, Conchita Méndez e a María Lombao, en representación de todas as mulleres.

 

Outras imaxes


Imaxes do repertorio ofrecido pola Tuna de Veterinaria de Lugo na Casa do Saber