Saltar ao contido principal
Xornal

Filoloxía acolle a cuarta Conferencia Internacional de Estudos Clásicos e Medievais

Actualizada: 02-10-2017 13:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Investigadores de todo o mundo reúnense este luns e o martes na Facultade de Filoloxía na cuarta Conferencia Internacional de Estudos Clásicos e Medievais, que co organiza a profesora do Departamento de Latín e Grego da USC Cecilia Criado.

Nesta ocasión, o encontro dedícase á literatura romana de época Flavia e os seus predecesores. A literatura flaviana produciuse baixo o reinado da dinastía flavia -dos emperadores Vespasiano, Tito e Domiciano- que comezou no 69 d.C tras a morte de Nerón y unha sanguenta guerra civil.

Como explica a profesora Criado, ese foi un período política e literariamente “moi fecundo” a pesar de que existía unha “absoluta falta de liberdade de expresión”. A pesar diso, “os autores atoparon a maneira de aludir, de forma non explícita, crítica e traxicamente a guerra civil contemporánea”.

Ademais da USC, no encontro participan investigadores das universidades de Colorado Boulder, Nápoles, Cordoba, Basel, Autónoma de Madrid, Cambridge, Leiden, Federal da Bahía, País Vasco ou Lisboa.