Saltar ao contido principal
Xornal

A USC destaca como a segunda universidade española con maior número de iniciativas de voluntariado

Segundo datos da Fundación Mutua Madrileña cos datos de universidades públicas e privadas e ONG de toda España

Actualizada: 03-10-2017 13:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC destaca como a segunda universidade española con maior número de iniciativas de voluntariado, un total de 160 programas nos que colaboran 2.668 alumnos/as das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde, principalmente. Así o apunta o quinto estudo sobre voluntariado impulsado pola Fundación Mutua Madrileña e á fronte do que se sitúa a universidade Girona con 178 proxectos nos que participan 1.532 estudantes.

Segundo o mesmo estudo, a institución compostelá sobresae igualmente como a segunda que conta co maior número de estudantes universitarios de España, un total de 2.668 alumnos que participan en programas fundamentalmente centrados en axuda á infancia, anciás e colectivos en risco de exclusión social. A Universidade CEU San Pablo lideraría o ranking de alumnado voluntario, con 4.500 persoas.

No V Estudio sobre Voluntariado Universitario da Fundación Mutua Madrileña participaron 40 universidades e 64 ONG. A análises realizouse con motivo dos V Premios ao Voluntariado Universitario, uns galardóns que queren recoñecer, promover e apoiar o labor solidaria da mocidade universitaria. Para a súa realización enviouse un cuestionario ás persoas responsables de voluntariado de universidades españolas, públicas e privadas, así como a entidades sen ánimo de lucro con sede en España.