Saltar ao contido principal
Xornal

Humanidades acolle este mércores unha xornada técnica do Instituto Arqueolóxico alemán sobre minería antiga

Actualizada: 03-10-2017 14:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Instituto Arqueolóxico alemán, con sede en Madrid, celebra este mércores 4 de outubro, a partir das 9.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, unha xornada técnica, formativa e de divulgación sobre a minería antiga.

 

Os investigadores do Instituto Arqueolóxico alemán, Thomas Shattner e Svend Hansen, acompañados da profesora do Departamento de Historia da USC Dolores Dopico, ofrecerán unha breve recepción aos participantes nesta reunión científica, que leva por título ‘Innovacións en metal, técnicas e sociais’. O foro abrirá a súa quenda de relatorios cunha intervención introdutoria a cargo da propia Dolores Dopico, Manuel Villanueva e Felipe Arias, profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC, baixo o título ‘Galaicos e romanos no noroeste peninsular’.