Saltar ao contido principal
Xornal

Conferencia en Historia sobre Otero Pedrayo na súa faceta de xeógrafo

Actualizada: 04-10-2017 10:55
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O catedrático de Xeografía e Historia da USC Augusto Pérez Alberti, Premio Trasalba 2002, ofrecerá este xoves 5 ás 19.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a conferencia ‘Otero Pedrayo, xeógrafo. Autor da primeira guía de Galicia’.

O relatorio supón o comezo das actividades programadas para oeste curso por Alumni USC e enmárcase no proxecto de recoñecemento do Camiño de Ourense a Santo André de Teixido que fixeran os ilustres galegos Vicente Risco, Otero Pedrayo e Ben Cho Shey –Xosé Ramón Fernández Oxea- hai 90 anos.