Saltar ao contido principal
Xornal

Abre a inscrición para o Seminario Internacional Camiño de Santiago e Europa

Actualizada: 04-10-2017 13:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, en colaboración co Grupo Compostela de Universidades, organiza un seminario en Santiago do 23 ao 25 de outubro. Durante os tres días de celebración do encontro internacional sucederanse relatorios e debates nos que se abordarán os aspectos xurídicos, sociais e culturais do Camiño de Santiago e Europa.

A inscrición na actividade académica é gratuíta, cun total de 40 prazas que se asignarán por orde de chegada das solicitudes.  A organización oferta ademais 12 bolsas de aloxamento e manutención para doutorandos e estudantes non residentes en Compostela. O prazo para solicitar estas bolsas remata o vindeiro 10 de outubro.