Saltar ao contido principal
Xornal

Unha xornada debaterá dende a perspectiva xurídica o rexistro de patentes en biotecnoloxía vexetal

Actualizada: 05-10-2017 09:58
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A xornada sobre Biotecnoloxía vexetal e patentes celebrarase o 20 de outubro na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito coa participación de expertos do ámbito xurídico e dirixida a investigadores, profesionais, alumnado universitario e público en xeral. De asistencia gratuíta, o prazo para realizar a inscrición remata o 18 de outubro ás 24.00 horas.

O programa incorpora unha serie de relatorios que permitirá o debate respecto da prohibición de patentar procedementos esencialmente biolóxicos para a produción de plantas ou sobre a protección da patente biotecnolóxica. Tamén haberá oportunidade de falar sobre a prohibición de rexistrar variedades vexetais ou sobre biodiversidade e patentes sobre recursos fitoxenéticos, entre outras cuestións.