Da innegable importancia histórica da construción da liña férrea do Douro e do Miño dá conta
unha exposición que dende este xoves se poderá visitar na Igrexa da Universidade, con documentos
gráficos dun dos pioneiros da fototipia en Portugal, Emílio Biel, datados en 1887.
A beleza das imaxes, o percorrido ao longo do río Douro, os aspectos históricos e
etnográficos, o carácter da rexión, a arquitectura e as tradicións da zona fan desta colección
fotográfica un conxunto único.
‘Caminhos do ferro e da prata. Linhas do Douro e do Minho’ poderá visitarse ata o 29 de
novembro de martes a sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas e o domingo en horario de
mañá. A mostra é unha produción do Museu de Lamego coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura
da Rexión Norte de Portugal e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.