Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus Terra da USC divulga os resultados dos proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación

O vicerreitor Andrés Barreiro abrirá este xoves, ás 10.00 horas, no salón de actos da EPS de Enxeñaría de Lugo, a xornada de presentación de resultados

Actualizada: 18-10-2017 09:05
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O salón de actos da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle este xoves 19 de outubro, a partir das 10.00h, a ‘Xornada de divulgación de resultados: Grupos Operativos en Galicia’, na que se dará a coñecer os resultados dos proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, promovidos pola Consellería do Medio Rural.

 

Esta Xornada, que  será inaugurada polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro Lois, está estruturada en tres bloques. No primeiro deles, moderada polo xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, Roberto Lamas, terán cabida os avances dos proxectos desenvolvidos no eido da Dixitalización. A continuación, Emilio Martínez, técnico de Xestión de I+D da USC moderará a mesa relativa daqueles que contribuíron a facer achegas en Economía Circular; mentres que o tamén xestor do Campus Terra Pedro Fiz Rocha estará a cargo da mesa relativa aos proxectos de Produción Primaria.