Saltar ao contido principal
Xornal

Inaugúrase en Fonseca a exposición ‘A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979’

Actualizada: 18-10-2017 14:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As fotografías que Anna Turbau realizou en Galicia entre 1975 e 1979 compoñen a exposición ‘A intimidade da imaxe’ que organiza o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade de Santiago. A inauguración da mostra terá lugar este xoves 19 ás 20.00 horas nun acto ao que asiste a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.

Nas fotografías da exposición, que permanecerá aberta ata o 10 de decembro comisariada pola profesora Margarita Ledo, a fotógrafa catalá exhibe unha Galicia inédita durante os anos da transición. O horario de visitas será de luns a sábado de 11.00 a 14.00  e de 17.30 a 20.30 horas.